Plan de Actuacións de Apoio a Colectivos con Risco de Exclusión nos Proxectos de Transición das Fases I, II ou III do Plan Nacional de Transición á TDT
A Secretaría de Estado de Telecomunicacións e para a Sociedade da Información promove un Plan de Actuacións de Apoio a colectivos con risco de exclusión nos Proxectos de Transición das Fases I, II ou III do Plan Nacional de Transición. O prazo de tramitación de solicitudes finaliza o 3 de abril de 2010.
O Plan de Actuacións de Apoio ten por obxecto a posta en funcionamento de mecanismos de información preferente, protección e especial atención dirixidos aos integrantes daqueles colectivos que presentan un especial risco de exclusión durante o proceso de transición tecnolóxica da televisión analóxica á dixital, no ámbito dos municipios situados nos proxectos de transición das Fases I, II ou III do Plan Nacional de Transición á TDT.
Como parte das actuacións previstas no plan inclúese a distribución dun sintonizador TDT a cidadáns para o seu uso durante 4 anos cumpríndose os seguintes requisitos:
- Residir nun dos municipios afectados polas Fases I, II ou III do Plan Nacional de Transición á TDT (consultar lista)
- Pertencer a polo menos un dos colectivos beneficiarios do Plan
- Ter 65 anos ou máis e unha dependencia recoñecida de nivel II ou III
- Ter un grao de discapacidade do 33% ou superior, constando como unha das súas discapacidades algunha de tipo auditivo ou visual
- Ter máis de 80 anos e vivir só, ou ben, acompañado doutra persoa tamén maior de 80 anos
- Non ter sido beneficiario deste Plan de Actuacións de Apoio a través de Asociacións ou Comunidades Autónomas
Se desexa tramitar esta axuda en nome dos cidadáns dependentes do seu Concello, debe seguir os seguintes pasos:
- Identificar os beneficiarios das axudas residentes no municipio que cumpran os requisitos mencionados anteriormente e non dispoñan xa dun descodificador.
- Recompilar a documentación de cada beneficiario.
- Formularios de solicitude de entrega de equipo sintonizador para colectivos con risco de exclusión no proceso de transición á televisión dixital terrestre (TDT) asinado en dúas copias por cada un dos beneficiarios (descargar).
- Fotocopia compulsada do DNI do beneficiario.
- Documento acreditativo do domicilio nalgunha das localidades das Fases I, II ou III, se este é diferente ao que aparece no DNI do beneficiario (sería válida a factura de teléfono, ou a de subministración de electricidade, da auga, do gas, recibo de pagamento de taxas ou impostos municipais, contrato de aluguer, etc.).
- Fotocopia compulsada da documentación acreditativa do grao de discapacidade ou nivel de dependencia do beneficiario, se é o caso.
- Grao de dependencia: documento acreditativo correspondente emitido pola Comunidade Autónoma.
- Grao de discapacidade: documento acreditativo da condición de persoa con discapacidade visual ou auditiva, e documento acreditativo dun grao de discapacidade total igual ou superior ao 33% emitido pola Comunidade Autónoma correspondente.
- Persoa maior de 80 anos que vive soa: non é necesario presentar ningún documento adicional, unicamente é preciso asinar o formulario de solicitude en que se manifesta esta situación.
- Preparar a documentación para realizar a entrega.
- Acreditación como representante do Concello que lle será requirida no momento da recollida dos equipos (descargar).
- Cuberta resumo dos beneficiarios dos equipos que hai que recoller (descargar).
- Acudir á Xefatura Provincial de Inspección de Telecomunicacións (ver enderezos) para obter os descodificadores. Convén concertar unha cita con antelación para confirmar a existencia de equipos abondo segundo as súas necesidades.
Para máis información, pode contactar connosco no 902 014 554 (atendido en castelán).